A Asociación Veciñal "Chandebrito 1807", rexistrada no Rexistro Municipal de Asociacións, de conformidade ao establecido na Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e demáis normativa vixente na materia, e ao ser esta Agrupación parte interesada nos asuntos que se citan a continuación, presentou no Rexistro municipal do Concello de Nigrán solicitudes o 04/11/2016, que reiterou o 24/02/2017, para consulta dos correspondentes expedientes, transcorrendo cinco meses sen resposta algunha.
As citadas peticións por escrito refírese aos seguintes expedientes completos, de contratos menores de obras, servizos e subministros adxudicados polo Concello de Nigrán, na súa maioría íntegramente na parroquia de Chan de Brito:
Nº Expte. Denominación contrato admvo. Adxudicat. Impte. (€)
- 2015/035C Reparac. elem. interpret. do patrimonio cultu. Babadiva 8.382,88
- 2015/116C Sinaliz. accesible na rede de sendeiros Nigrán Wireless G. 21.538,00
- 2015/134C Asfaltado en Cño. das Laxes, Chandebrito Covsa 28.036,41
- 2015/141C Dirección obra asfaltado Cño. das Laxes Ingenia 719,95
- 2016/040C Realización novo mapa-guía de sendeiros Ecoplanin 2.964,50
- 2016/072C Pavimentación de varios camiños de Nigrán Covsa 48.000,00
- 2016/074C Pintado de viais no municipio de Nigrán Sebagasa 14.450,85
- 2016/076C Prospección arqueolóxica concello de Nigrán D.O.Arqueo. 9.680,00
- 2016/084C Submin. elem. Pque. Biosaudable en Torreiro Novatilu 3.448,50
(incluídos os preceptivos documentos de autorización da Consellería do Medio Rural, e do acordo da Asemblea Xeral da Comunidade de Montes de Chan de Brito, ao realizarse as obras en terreos de monte propiedade desta, de natureza privada).
Polo exposto, e considerando que existe unha indefensión da veciñanza ante a administración local e que unha das funcións do Valedor do Pobo é do Control do cumprimento das obrigas de transparencia, solicitou desa Institución que se admitise a trámite esta queixa e se adopten as medidas oportunas co fin de poder acceder ao solicitado, como é de xustiza.
Igualmente, leva anos solicitando por escrito (a través do rexistro e do buzón de suxerencias e reclamacións da páxina web do Concello) que se realicen diversas actuacións necesarias e de competencia municipal na parroquia de Chan de Brito, sen que polo momento o goberno municipal contestase algunha das peticións formuladas (se ben é certo que se executaron unhas poucas, de escasa entidade).
Tamen se comunicou a tódolos grupos municipais da Corporación de Nigrán estas cuestions.
No hay comentarios:
Publicar un comentario