O sábado 12 de novembro das 15.45 ás 20.00 h. celebráronse as
“Actividades etnográficas da senda e muiño dos Matos”, tamén denominada “II
Festa do Muiño dos Matos”, organizada por esta Asociación e coa colaboración
económica do Concello de Nigrán.
Ás 15.45 h. realizouse unha charla e ás 16,15 partiuse dende o barrio de
Pracíns cun roteiro guiado por expertos en historia e natureza da zona hacia
este muiño de auga, donde houbo moenda, demostracións, charlas, exposicións,
etc.
Dende as 16.00 h. e especialmente, dende o remate do roteiro (18.00 h.),
e por mor das previsións meteorolóxicas adversas, no local social da antiga
escola infantil da parroquia houbo música folck protagonizada por un grupo de
gaitas de Bembrive (Vigo), exposición de pezas de muíños de auga e de fotos, textos,
planos, etc. deste e doutros muiños de Galicia; desenvolvemento de oficios
tradicionais artesáns (cestería con follato de millo, cesteiro en palla de
centeo, zoqueiro), degustación gratuíta de pans bionaturais realizados por un
artesán local (Julián Sío, “O muiño da Espelta”), e de produtos ecolóxicos
elaborados por agricultores da zona coa fariña de cereais (galletas, bicas,
etc.).
Despois de 41 anos abandonado (no 1973), volveu funcionar o muiño dos Matos, no que ademáis de moer millo durante este dia especial, realizouse unha exposición de fotografías antigas relacionadas cos cereais cultivados na zona, de utensilios empregados con estes traballos, de pezas do muiño e de variedades locais de millo.
Participantes:
Esta actividade contou coa participación dun grupo de gaitas vigués,
membros ecoloxistas, o muiñeiro vigués Campio Salgueiro, o zoqueiro artesán
mondaricense Carlos Barros "Tango", o cesteiro vigués Rubén Berto, a
artesán gondomareña Esther Rodríguez Pérez, e o agricultor bio nigranés Ricardo
Gómes, entre outros colaboradores. Ademáis, asistiron como público preto de 40
persoas procedentes da localidade de Nigrán e doutras da contorna.
Resultados e obxectivos acadados:
- Ofrécese un recurso turístico máis para as moitas persoas que
percorren o sendeiro natural e etnográfico que pasa pola zona, asi como para a
visita, explicación / demostración e concienciación do alumnado de colexios.
- A unión de moitas persoas, entre elas veciñanza e titulares /
herdeiros do muíño, facéndoos directamente partícipes da súa recuperación dende
o primeiro momento.
- A recuperación da etnografía do lugar e a realización de actos
culturais neste.
- A posta en funcionamento do muíño para obter produtos básicos nas
economías locais como é a fariña para o pan, aproveitando os recursos naturais
de enerxías renovables.
Un pouco de historia:
Este muiño, sito no barrio das Rozadas, parroquia de Chan
de Brito (Nigrán), está encravado nun fermosísimo lugar privilexiado
e forma parte dun grupo de catro muíños fariñeiros (os outros tres localízanse
xa dentro da freguesía de Camos). Ubícase a carón do camiño medieval
que percorre os lugares coñecidos tradicionalmente como “Campos do Paso, Os
Matos e A Lama”, de grande importancia para a veciñanza de Chandebrito durante
centos de anos (ata o 1786 debían pasar por el para ir á igrexa parroquial).
Dende o 2005, forma parte imprescindible do sendeiro natural e cultural do
“Camiño dos Matos”, do Concello de Nigrán e, dende o punto de vista de interese
etnográfico, é moi importante, xa que é un dos 11 muíños máis antigos localizados nesta parroquia (de principios do s. XVIII) e probablemente de todo
o municipio de Nigrán (aparece no Catastro da Ensenada, de 1753). Debido ao seu abandono no 1973, estaba en ruínas, e no ano 2009 esta
Asociación conquire autorización por parte dos
propietarios herdeiros para a súa restauración e uso por este colectivo, obra
que ten lugar en xuño de 2013, xa logo de limpar o muíño, contorna e accesos
con persoal de traballos en beneficio da comunidade e con voluntariado. No 2014 instálanselle os mecanismos e pezas. O 8 de
novembro de 2015 desenvólvese a “I Festa do muíño e senda dos Matos”. Recentemente realízanse reparacións dalgunhas pezas para evitar perdas de auga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario