15/9/16

Curso de cestería: Cesta de Chan de Brito (V)

Esta Asociación, consciente do éxito obtido noutras edicións realizadas, e a demanda existente, e co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2016/2017 un curso de cestería tradicional denominado CESTA DE CHAN DE BRITO (V), coas seguintes características

Lugar: Escola Infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2)
Datas: Os luns, dende o 10 de outubro ate o 28 de novembro, ambos incluídos.
Total de horas: 20, repartidas en oito clases de 2 horas e media.
Prezo: Total do curso con materiais incluídos: 60 euros
Ferramentas: Tesoira de podar e navalla.
Impartido por: Rubén Berto, investigador e divulgador da Cesteiría.

Inscricións: Enviar ao correo-e da Asociación solicitude indicando nome e apelidos, número de teléfono, lugar de residencia, e enderezo de correo electrónico.

No hay comentarios: