O vindeiro sábado dia 17 de decembro, en horario de 16,30 a 20,30 horas, realizarase na escola infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2) un obradoiro especial de nadal de Doces caseiros, baixo a premisa "Camiño á autosuficiencia".
Para elo, realizaranse varios produtos: turrón branco Detox, Ganache cruxiente, turrón vegano, mazapán, boliñas de améndoa e castaña e chocomazapán.
Este taller, organizado por esta Asociación, conta coa colaboración da Fundación Galicia Verde, e impartirase por dúas especialistas, Sonia de "Reishi Terapia" e Ofelia de "Azaia".
Os gastos son 35 euros por persoa, que inclúe todo o material, productos e un caderno coas receitas que se farán neste obradoiro e algunha máis, tanto de productos do nadal como de aproveitamento do que sobra cando rematan as festas.
O obxectivo é promover un consumo máis responsable, unha alimentación máis sán, elaborando doces de xeito sinxelo, rápido e natural.
As inscricións realizaranse antes do venres dia 16 de decembro ás 15.00 h., indicando nome e apelidos, idade, núm. teléfono, correo-e, e lugar de residencia.
6/12/16
16/11/16
curso de artesanía con follato de millo, o 26 novembro
A Asociación "Chandebrito 1807", no seu desexo de recuperar e poñer en valor os oficios tradicionais ademáis do uso racional dos recursos naturais, e ante a boa acollida que teñen estas demostracións, programa un obradoiro de artesanía tradicional con follato de millo (cestería e complementos), que se celebrará no local social da escola infantil de Chan de Brito o vindeiro sábado dia 26 de novembro, en horario de 16,30 a 21,30.
O prezo é de 10 euros por persoa.
O número de participantes será como mínimo de 6 e o máximo de 15.
Os interesados deben inscribirse antes do venres dia 25, indicando nome e apelidos, lugar de residencia, número de teléfono e correo electrónico (se teñen), a través do correo-e chandebrito1807@gmail.com ou mediante whatsapp ao núm. 667380223.
O prezo é de 10 euros por persoa.
O número de participantes será como mínimo de 6 e o máximo de 15.
Os interesados deben inscribirse antes do venres dia 25, indicando nome e apelidos, lugar de residencia, número de teléfono e correo electrónico (se teñen), a través do correo-e chandebrito1807@gmail.com ou mediante whatsapp ao núm. 667380223.
O sábado 12 realizouse a II Festa do muiño dos Matos
O sábado 12 de novembro das 15.45 ás 20.00 h. celebráronse as
“Actividades etnográficas da senda e muiño dos Matos”, tamén denominada “II
Festa do Muiño dos Matos”, organizada por esta Asociación e coa colaboración
económica do Concello de Nigrán.
Ás 15.45 h. realizouse unha charla e ás 16,15 partiuse dende o barrio de
Pracíns cun roteiro guiado por expertos en historia e natureza da zona hacia
este muiño de auga, donde houbo moenda, demostracións, charlas, exposicións,
etc.
Dende as 16.00 h. e especialmente, dende o remate do roteiro (18.00 h.),
e por mor das previsións meteorolóxicas adversas, no local social da antiga
escola infantil da parroquia houbo música folck protagonizada por un grupo de
gaitas de Bembrive (Vigo), exposición de pezas de muíños de auga e de fotos, textos,
planos, etc. deste e doutros muiños de Galicia; desenvolvemento de oficios
tradicionais artesáns (cestería con follato de millo, cesteiro en palla de
centeo, zoqueiro), degustación gratuíta de pans bionaturais realizados por un
artesán local (Julián Sío, “O muiño da Espelta”), e de produtos ecolóxicos
elaborados por agricultores da zona coa fariña de cereais (galletas, bicas,
etc.).
Despois de 41 anos abandonado (no 1973), volveu funcionar o muiño dos Matos, no que ademáis de moer millo durante este dia especial, realizouse unha exposición de fotografías antigas relacionadas cos cereais cultivados na zona, de utensilios empregados con estes traballos, de pezas do muiño e de variedades locais de millo.
Participantes:
Esta actividade contou coa participación dun grupo de gaitas vigués,
membros ecoloxistas, o muiñeiro vigués Campio Salgueiro, o zoqueiro artesán
mondaricense Carlos Barros "Tango", o cesteiro vigués Rubén Berto, a
artesán gondomareña Esther Rodríguez Pérez, e o agricultor bio nigranés Ricardo
Gómes, entre outros colaboradores. Ademáis, asistiron como público preto de 40
persoas procedentes da localidade de Nigrán e doutras da contorna.
Resultados e obxectivos acadados:
- Ofrécese un recurso turístico máis para as moitas persoas que
percorren o sendeiro natural e etnográfico que pasa pola zona, asi como para a
visita, explicación / demostración e concienciación do alumnado de colexios.
- A unión de moitas persoas, entre elas veciñanza e titulares /
herdeiros do muíño, facéndoos directamente partícipes da súa recuperación dende
o primeiro momento.
- A recuperación da etnografía do lugar e a realización de actos
culturais neste.
- A posta en funcionamento do muíño para obter produtos básicos nas
economías locais como é a fariña para o pan, aproveitando os recursos naturais
de enerxías renovables.
Un pouco de historia:
Este muiño, sito no barrio das Rozadas, parroquia de Chan
de Brito (Nigrán), está encravado nun fermosísimo lugar privilexiado
e forma parte dun grupo de catro muíños fariñeiros (os outros tres localízanse
xa dentro da freguesía de Camos). Ubícase a carón do camiño medieval
que percorre os lugares coñecidos tradicionalmente como “Campos do Paso, Os
Matos e A Lama”, de grande importancia para a veciñanza de Chandebrito durante
centos de anos (ata o 1786 debían pasar por el para ir á igrexa parroquial).
Dende o 2005, forma parte imprescindible do sendeiro natural e cultural do
“Camiño dos Matos”, do Concello de Nigrán e, dende o punto de vista de interese
etnográfico, é moi importante, xa que é un dos 11 muíños máis antigos localizados nesta parroquia (de principios do s. XVIII) e probablemente de todo
o municipio de Nigrán (aparece no Catastro da Ensenada, de 1753). Debido ao seu abandono no 1973, estaba en ruínas, e no ano 2009 esta
Asociación conquire autorización por parte dos
propietarios herdeiros para a súa restauración e uso por este colectivo, obra
que ten lugar en xuño de 2013, xa logo de limpar o muíño, contorna e accesos
con persoal de traballos en beneficio da comunidade e con voluntariado. No 2014 instálanselle os mecanismos e pezas. O 8 de
novembro de 2015 desenvólvese a “I Festa do muíño e senda dos Matos”. Recentemente realízanse reparacións dalgunhas pezas para evitar perdas de auga.
6/11/16
Segunda Festa do Muiño dos Matos
A Asociación "Chandebrito 1807" organiza a 2ª Festa do Muíño dos Matos (Chan de Brito, Nigrán) para o vindeiro sábado, 12 de novembro a partires das 15.45 h.: Saída dende o barrio de Pracíns polo sendeiro dos Matos. Roteiro guiado; Actuación de grupo de gaitas; Demostración da elaboración de fariñas; Exposicións de utensílios, cereais autóctonos, fotos, nomes e funcionamento do muíño; Oficios tradicionais; Posto e degustación de produtos elaborados con fariñas bio e locais.
20/10/16
Doazón de libros para a biblioteca da parroquia
Esta Asociación realizou no dia de onte a doazón de preto de cen libros para a biblioteca de Chan de Brito, na súa maioría narrativa, varios deles en galego e gran parte para a xuventude, pero tamén abundan grandes obras de destacados autories nacionais e internacionais. Calcúlase que o seu custo ascendeu a un importe próximo aos mil euros.
Etiquetas:
Traballos da asociación
18/10/16
Entrevista na TVG sobre a recuperación de topónimos
Para acceder á publicación realizada pola Televisión de Galicia sobre a recuperación e posta en valor da toponimia de Chan de Brito, promovida por esta Asociación, podedes acceder á seguinte páxina na internet:
www.crtvg.es/informativos/chandebrito-1807-recupera-mais-de-600-toponimos-da-parroquia
www.crtvg.es/informativos/chandebrito-1807-recupera-mais-de-600-toponimos-da-parroquia
Etiquetas:
Chandebrito nos medios
8/10/16
A TVG emitirá unha entrevista sobre a recuperación da toponimia da parroquia
Finalmente, este domingo dia 9 de outubro, entre as 12,20 a 13,50 h. no programa A Revista da TVG, emitirase unha reportaxe sobre a parroquia de Chan de Brito, concretamente sobre a recuperación e posta en valor dos antigos nomes de lugar, que levamos a cabo dende a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 (por problemas de espacio, non se puido emitir o pasado sábado, cando estaba previsto).
Etiquetas:
Chandebrito nos medios
30/9/16
Reportaxe sobre a recuperación da toponimia da parroquia
Mañá sábado dia 1 de outubro, entre as 12,15 a 13,30 h. no programa A Revista da TVG, emitirase unha reportaxe sobre a parroquia de Chan de Brito, concretamente sobre a recuperación e posta en valor dos antigos nomes de lugar, que levamos a cabo dende a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807.
Etiquetas:
Chandebrito nos medios
23/9/16
Clases de bailes latinos
Se estades cansados de tanta crise e queredes
pasar un momento divertido, ¡¡Esta é a vosa salsa!!. O venres 7 de outubro comezan novos cursos de bailes latinos en Chan de Brito.
LUGAR: Local da Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807, Antiga escola infantil da parroquia (Rúa da Igrexa, 2)
HORARIO: Venres de 19:00 a 20:00 h.
PREZOS: 11€ Socios e 13€ non socios
ESTILOS: Salsa, Merengue e Bachata
MÁS INFORMACIÓN: no correo-e chandebrito1807@gmail.com ou nos teléfonos 620.09.79.30 (Patri) 667.38.02.23 (Carlos).
LUGAR: Local da Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807, Antiga escola infantil da parroquia (Rúa da Igrexa, 2)
HORARIO: Venres de 19:00 a 20:00 h.
PREZOS: 11€ Socios e 13€ non socios
ESTILOS: Salsa, Merengue e Bachata
MÁS INFORMACIÓN: no correo-e chandebrito1807@gmail.com ou nos teléfonos 620.09.79.30 (Patri) 667.38.02.23 (Carlos).
15/9/16
Curso de cestería: Cesta de Chan de Brito (V)
Esta Asociación, consciente do éxito obtido noutras edicións realizadas, e a demanda existente, e co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2016/2017 un curso de cestería tradicional denominado CESTA DE CHAN DE BRITO (V), coas seguintes características:
Lugar: Escola Infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2)
Datas: Os luns, dende o 10 de outubro ate o 28 de novembro, ambos incluídos.
Total de horas: 20, repartidas en oito clases de 2 horas e media.
Prezo: Total do curso con materiais incluídos: 60 euros
Ferramentas: Tesoira de podar e navalla.
Impartido por: Rubén Berto, investigador e divulgador da Cesteiría.
Inscricións: Enviar ao correo-e da Asociación solicitude indicando nome e apelidos, número de teléfono, lugar de residencia, e enderezo de correo electrónico.
21/6/16
Charla sobre xestión dos montes
O venres dia 1 de xullo ás 19.30 h. na escola infantil de Chan de Brito realizaremos unha charla gratuita e aberta a tódolos interesados sobre aspectos de interese para os propietarios na xestión dos montes.
1/4/16
Curso de cestería de Costelas (cesta e bandexa) - 2016
A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", consciente do éxito obtido noutras edicións realizadas, e a demanda existente, e co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2015/2016 un curso de cestería denominado CESTA E BANDEXA DE COSTELAS 2016, coas seguintes características:
Lugar: Escola Infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2)
Datas e horarios: Tódolos luns dende o 18 de abril ata o 6 de xuño (ambos incluídos), de 18:00 a 20:30 h.
Prezo total do curso, de 2 meses (material incluido): 60 euros
Ferramentas: Navalla e tesoira de podar.
Impartido por: Rubén Berto Covelo, Investigador e Divulgador da Cesteria Galega
Inscricións: No correo-e chandebrito1807@gmail.com , indicando nome e apelidos, número de teléfono, lugar de residencia, e enderezo de correo electrónico.
15/3/16
Charla sobre os efectos dos herbicidas
O vindeiro venres dia 18 de marzo ás 20.30 horas, impartirase na escola infantil de Chan de Brito unha charla informativa organizada pola agrupación "Comando Ghichas"e a "Asociación Chandebrito 1807" que tratará os efectos nocivos derivados do uso de herbicidas.
A charla impartirase polo doutor en bioloxía César Lema Costas, veciño do Val Miñor.
Con esta actividade, preténdese concienciar ás persoas para que fagan un uso racional deste tipo de produtos químicos, xa que o glifosato, tan utilizado en todo tipo de solos e de xeito indiscriminado, está no punto de mira ao considerarse posible canceríxeno.
A charla impartirase polo doutor en bioloxía César Lema Costas, veciño do Val Miñor.
Con esta actividade, preténdese concienciar ás persoas para que fagan un uso racional deste tipo de produtos químicos, xa que o glifosato, tan utilizado en todo tipo de solos e de xeito indiscriminado, está no punto de mira ao considerarse posible canceríxeno.
20/1/16
Curso de cestería mixta (I)
A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", consciente do éxito obtido noutras edicións realizadas, e a demanda existente, e co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2015/2016 un curso de cestería tradicional denominado CESTERÍA MIXTA (I) (madeira e vimbio), coas seguintes características:
Lugar: Escola Infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2)
Datas: Tódolos luns dende o 1 de Febreiro ata o 28 de Marzo (ambos incluídos)
Horario: Os luns de 18:00 a 20:30 h.
Prezo: 30 euros ao mes
Ferramentas: Navalla e tesoira de podar.
Impartido por: Rubén Berto Covelo, Investigador e Divulgador da Cesteria Galega
Inscricións: Enviar ao correo-e chandebrito1807@gmail.com solicitude indicando nome e apelidos, número de teléfono, lugar de residencia, e enderezo de correo electrónico.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)