22/5/09

Roteiro historico de Chandebrito



O vindeiro domingo día 24 de maio terá lugar un roteiro circular pola parroquia de Chandebrito que partirá ás 10:45 h. e durará aproximadamente 3 horas, con saída e chegada no monte dos Cruceiros e do Castro, visitando os muíños do Castro e de Rodas e os petroglifos do Soeido, Rabete e Rapadouro, entre outros.

A ruta, organizada pola Asociación "Chandebrito 1807", será guiada por Afonso Rodríguez, coautor do libro "Historia de Chandebrito", entre outras publicacións, e Carlos Gómez, membro desta Asociación e autor de diversos artigos sobre a parroquia.
Deseñouse un roteiro especial co fin de contribuír á divulgación do patrimonio do lugar, que abarca todo tipo de bens do patrimonio cultural e natural existentes na parroquia (hórreos, lavadoiros, muíños de auga, castro, petroglifos, muíños rupestres, camiños medievais empedrados, igrexa e rectoral, fragas, etc.), algúns dos cales están aínda sen inventariar por parte da administración, algo que ven demandando esta Asociación dende hai xa tempo. Ademais, conta con paneis interpretativos e demais mobiliario instalado na zona a través do Proxecto de "Revalorización integral do patrimonio de Chandebrito", financiado con fondos Proder da Unión Europea.

No hay comentarios: