14/1/09

Novo centro en Nigrán da rede de dinamización da sociedade da información


O concello de Nigrán ven de inaugurar este luns 12 de xaneiro de 2009, en colaboración coa Consellaría de Innovación e Industria un novo Centro de Dinamización da Sociedade da Información , que se sitúa na Rúa Curros Enríquez, no 3, baixo, enfronte do colexio Humberto Juanes.

Compoñen o equipamento da aula quince ordenadores, con lectores de DNI e cámaras web, 2 impresoras, un proxector, unha cámara de fotos dixital e un escáner. A configuración do equipamento é totalmente en software libre, ademais contara cunha técnica para resolver e achegar a poboación as Novas Tecnoloxías. O novo centro tamén acollerá diversos obradoiros de índole tecnolóxica variada, como poden ser de iniciación á Internet, á Informática ou a outras ferramentas.

Para que toda aquela xente da parroquia que este interesada en iniciarse nas novas tecnoloxías, resolver dubidas que nos xorden co seu uso ou mesmo ter un local onde poder facer traballos e consultar información equipado co equipamento axeitado, esta e unha gran oportunidade para meterse de cheo no mundo das tecnoloxías, tan necesarias hoxe en día.

O horario de funcionamento do centro será o seguinte:

-Luns a xoves: de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas.

-Venres: de 9:30 a 15:00 horas.

Todas as persoas que desexen máis información poden solicitala no teléfono: 986366765.

No hay comentarios: