18/12/08

Propostas o alcalde para a mellora do transporte


O tema da xestión para a mellora do transporte publico en Chandebrito ven sendo unha das nosas prioridades o longo do ano 2008, e terá que seguir sendo o longo do 2009 visto o lento que avanza o tema. Dende a asociación levamos presentados multitude de escritos no concello de Nigrán e na dirección xeral de transportes da consellería de política territorial, ademais de varias reunións con ambas entidades para tratar este asunto, avanzando ben pouco ata o momento.



Pero coñecendo que a consellería de transportes xa entregou o concello a proposta de convenio para por en marcha o plan de transporte metropolitano da area de Vigo, vimos de ter unha ultima reunión co alcalde o xoves día 11 de decembro para tratar exclusivamente o tema do transporte en Chandebrito, a onde acudimos cunha serie de propostas, que de adoptarse algunha delas ou todas no seu conxunto, serviría para paliar o deficitario servicio de transporte que temos hoxe en día.


Despois da reunión mantida, parece que o concello intentara por solución adoptando algunha das propostas que presentamos, esperamos que así sexa e non teñamos que chegar o ano 2010 sen un servicio de transporte adecuado para a nosa parroquia.


No hay comentarios: