30/9/08

O voceiro de Chandebrito


O pasado mes de Xullo dentro da labor para dar a coñecer a nosa parroquia, levamos a cabo a publicación da primeira revista de información xeral da parroquia de Chandebrito, baixo o nome de “O Voceiro de Chandebrito”. Este é o primeiro número dun boletín que se pretende facer anualmente. Para elo, esta asociación quere contar coas aportacións da xente interesadas, podendo enviar ao correo electrónico cmchandebrito@yahoo.es tódalas suxerencias, queixas, colaboracións, etc.


Editáronse case mil exemplares a toda color, que van distribuídos gratuitamente por toda a parroquia de Chandebrito, así como polas dos municipios de Nigrán, Vigo, Gondomar, etc., para que os colexios, centros culturais, asociacións, empresas, veciños e veciñas destas coñezan mellor esta parroquia, e tamén para contribuír á difusión non só das noticias da mesma, senón tamén da súa historia e cultura.


Dado que a súa acollida a día de hoxe foi todo un éxito e non nos quedan exemplares imos pendurar o voceiro do blog, para que os interesados ou interesadas en poder léelo e aínda non dispoñen del o poidan descargar (para facelo premer sobre a imaxe do voceiro).





O voceiro divídese nas seguintes seccións: editorial (resume das actuacións da asociación); actualidade; cultura; varios (con fotos comparativas do que foi e o que é a parroquia, o que ocorreu nela anos atrás, enquisas, orixe de nomes e apelidos...); deportes; entrevista e “a última” (guía de servizos, humor, etc.).


No hay comentarios: